Saturday 04 de May de 2024

Concerto de fin de curso de Preescolar na Casa


Terá lugar este venres ás 11 horas no CEIP O Mesón do Vento, e estará estreitamente relacionado co traxe tradicional galego feminino

Este vindeiro venres, 8 de xuño, os meniños e meniñas inscritos no grupo da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoi (Preescolar na Casa) ofrecerán un recital para celebrar a súa fin de curso. Terá lugar no CEIP O Mesón do Vento ás 11 horas, e nel actuarán arredor de 50 nenos e nenas dos grupos de Ordes e Santa Cruz de Montaos. Para todo o público asistente ofrecerán un concerto-teatro no que a temática central está relacionada co traxe tradicional galego feminino.